miércoles, 25 de septiembre de 2013

REPASO COÑECEMENTO

Preguntas repaso T.1 e T.2
1.-Cales son as características dos seres vivos?
Os seres vivos nacen, crecen e finalmente morren

2.-Como pode ser a materia inerte?Explícao e pon exemplos..
A materia inerte pode ser natural se non foi fabricada polas persoas. Exemplo a auga
A materia inerte pode ser artificial se foi fabricada polas persoas. Exemplo unha mesa.

3.-Cales son os tipos de seres vivos que existen?, pon as súas características.
Hai catro tipos de seres vivos:
Os animais que se alimentan doutros seres vivos e normalmente poden desprazarse.
As plantas que fabrican o seu propio alimento e non se desprazan.
Os fungos que se alimentan doutros seres vivos e non se desprazan.
Os microbios ou microorganismos que non se ven a simple vista, necesitamos dun microscopio. Algúns causan enfermidades e outros son beneficiosos como as bacterias para fabricar o iogur ou o queixo.

4.-Cales son as tres funcións vitais que realizan os seres vivos?Explícao.
As función vitais son tres:
Mediante a nutrición obtemos substancias necesarias para vivir dos alimentos.
Mediante a relación recibimos información a través dos órganos dos sentidos e reaccionamos ante ela.
Mediante a reprodución temos descendentes semellantes a nós.

5.-Cal é diferenza entre as plantas e o resto dos seres vivos?
As plantas fabrican o seu propio alimento e o resto dos seres vivos non.

6.-Que nos diferenza as persoas dos animais?
Nos diferenza que as persoas somos intelixentes e temos a capacidade de razoar.
Ademais nos comunicamos  por palabras, xestos, signos.

7.-Que aparatos interveñen na función de nutrición?
Na función de nutrición interveñen 4 aparatos: O aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor

8.-Que aparatos ou sistemas interveñen na función de relación?
Na función de relación interveñen: Os órganos dos sentidos, O sistema nervioso e o aparato locomotor.

9.-Que aparatos interveñen na función de reprodución?
Na función de reprodución interveñen o aparato reprodutor masculino e o aparato reprodutor feminino

10.-Cales son as etapas da vida? Cita algunhas das súas características.
Son cinco etapas:
A infancia vai dos 0 aos 12 anos, nesta etapa crecemos e aumentamos de peso rapidamente.
A adolescencia vai dos12 aos 15 anos. Aquí crecen as diferenzas entre rapaces e rapazas e cada vez se van parecendo mais aos homes e  as mulleres.
A xuventude vai dos 15 aos 25 anos. Aquí nos preparamos para a vida laboral.
A Madureza vai dos 25 aos 65 anos. Aquí deixamos de crecer, traballamos e temos fillos.

A ancianidade vai dos 65 en diante. Aquí tenos moita experiencia pero temos menos forza física.