Estimados Pais:
Diríxome a vós por última vez
este curso, para agradecervos o voso apoio e o voso traballo. Son consciente que
sen a vosa colaboración, os resultados non serían os mesmos.
Ser pai, é difícil e ás veces cansado, pero
non debemos esquecer que niso vai a educación dos vosos fillos.
Eles necesítanvos ó seu lado, para
ir mostrándolles pouco a pouco o camiño
que deben seguir .
Tamén quero dicirvos que o gran esforzo realizado polos vosos fillos e por
vostedes, é necesario conservalo e para isto
pídolles que, durante o verán, dediquen parte do seu tempo libre a
repasa- lo dado durante o curso e sobre todo aquilo no que tiveron maior dificultade.
Tódolos días, deberían ler parte dun
libro. Polo menos durante media hora. Realizar algún ditado á semana das normas
ortográficas dadas neste ano, redaccións e resumos das lecturas.
Non debemos descoida-lo cálculo e
compresión de problemas.
Os nenos teñen moita facilidade para esquece-las cousas, se as deixan de
practicar ou ver durante un tempo longo.
Os apuntes deben conservalos para o ano que ven e darlle unha ollada de vez
en cando para non esquecelos. Os cadernos pódenlles servir como ferramenta para
poñer exercicios de repaso.
Este traballo facilitarálle-lo comezo
do seguinte curso, que desexo que sexa mellor que o deste.
Por outro lado non quero despedirme sen pedirvos desculpas se nalgún momento fixen algo que vos puidera molestar. Quero que teñades presente que todo o que fixen, foi sempre pensando no mellor para os vosos fillos, que durante este curso foron un pouco fillos meus. Parte do meu corazón marcha con eles.
Sen máis despídome de vostedes.
GRACIAS
POLA VOSA COLABORACIÓN
A TITORA: Mª Teresa Barreiro Gago.
NA PESTANA DE REFORZOS IREI INTRODUCINDO MÁIS ACTIVIDADES PARA OS QUE QUIERAN REPASAR.
Feliz Verán