viernes, 20 de junio de 2014

PARA TODOS OS PAIS


Estimados Pais:

Diríxome a vós  por última vez este curso, para agradecervos o voso apoio e o voso traballo. Son consciente que sen a vosa colaboración, os resultados non serían os mesmos.
Ser pai, é difícil e ás veces cansado, pero  non debemos esquecer que niso vai a educación dos vosos fillos. Eles  necesítanvos ó seu lado, para ir  mostrándolles pouco a pouco o camiño que deben seguir .
Tamén quero dicirvos que o gran esforzo realizado polos vosos fillos e por vostedes, é necesario conservalo e para isto  pídolles que, durante o verán, dediquen parte do seu tempo libre a repasa- lo dado durante o curso e sobre todo aquilo no que  tiveron maior dificultade.
Tódolos días, deberían  ler parte dun libro. Polo menos durante media hora. Realizar algún ditado á semana das normas ortográficas dadas neste ano, redaccións e resumos das lecturas.
 Non debemos descoida-lo cálculo e compresión de problemas.
Os nenos teñen moita facilidade para esquece-las cousas, se as deixan de practicar ou ver durante un tempo longo.
Os apuntes deben conservalos para o ano que ven e darlle unha ollada de vez en cando para non esquecelos. Os cadernos pódenlles servir como ferramenta para poñer exercicios de repaso.
Este traballo  facilitarálle-lo comezo do seguinte curso, que desexo que sexa mellor que o deste.

Por outro lado non quero despedirme sen pedirvos  desculpas se nalgún momento fixen algo que vos puidera molestar. Quero que teñades presente que  todo o que fixen, foi sempre pensando no mellor para os vosos fillos, que durante este curso foron un pouco fillos meus. Parte do meu corazón marcha con eles.

Sen máis   despídome de vostedes.

                                               GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN


A TITORA: Mª Teresa Barreiro Gago.

NA PESTANA DE REFORZOS IREI INTRODUCINDO MÁIS ACTIVIDADES PARA OS QUE QUIERAN REPASAR.

Feliz Verán