jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe foi un día especial no colexio. Celebramos o día da paz.
Os nenos de 3º E.P. lucimos as nosas medallas da paz e contribuímos a construír un gran mural.


SAIDA AO AUDITORIO DE VIGO
Onte fomos a Vigo a ver a obra de "Sandra e Meirol en Xistralia"
Sandra, despois de axudar a Xurxo na percura do tesouro, comezará unha nova aventura por terras de Xistralia. O caracol Meirol acompañou a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e atrancos. Ambos xogaron cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos, coñeceron un novo mundo máxico, cantaron e bailaron ao son de muiñeiras, xotas, pasacalles... Ata que Sandra foi raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas. Na súa liberación participarán todos os asistentes cunha espectacular danza de espadas guiados por Centoulo e unha treboada galega.